Nestos dous día estivemos explicando o ascenso de Hitler ó poder e cales foron as principais
directrices da súa política.
Centrámonos evidentemente como elemento fundamental na súa política respecto ós xudeos que comezou a ser evidente a partir das leis raciais que comezou a por en práctica apartir de 1938.
Empezamos como é lóxico repasando quenes son os xudeos.
O pobo xudeo ou israelí é o pobo que habitaba Palestina ou Israel (imaxe da dereita) cando Xesús veu ó mundo (ano 0), territorio que estaba, como sabemos , ocupado polos romanos. Xesús era evidentemente xudeo, como toda a súa familia e como o eran os apóstoles. De feito todos os personaxes do Antigo e Novo testamento son xudeos, salvo os conquistadores como os romanos ou exipcios que aparecen citados nas escrituras.
Basicamente o que nos diferencia dos xudeos (en común temos todo o Antigo Testamento) é que eles non cren que Xesús fose o fillo de Deus, o Mesías.
Os romanos expulsaron ós xudeos de Palestina na chamada diáspora, no século II despois de Cristo e estos se diseminaron por todo o Meditarráneo e logo máis lonxe. Alí onde se asentaban vivían nos mesmos barrios agrupados en torno ás Sinagogas (os seus templos) onde podían manter e practicar a súa relixón, costumes, lingua,...
Os cristianos ó longo da Idade Media e da Moderna, convertían esporadicamente a estes xudeos no blanco das súas iras ante forma de vida: crise económica, malas colleitas, epidemias,... Son os chamados progroms (á dereita tedes unha imaxe da queima de xudeos) que en España deixaron de producirse (a diferencia do resto de Europa) a partir do ano 1500. Por que? Porque os Reis Católicos os expulsaron dos seus reinos nesa época, como fixeron máis tarde cós musulmáns. Lembrade que vos expliquei quenes eran os sefarditas...
Hitler reactivou ese ancestral odio ós xudeos, botándolles a culpa de todos os males de Alemania: perda da 1ª GM, Tratado de Versalles, crise económica,... Esto se pode apreciar nas leis raciais que estabamos a ler en clase e que se comezaron a por en práctica a partir do ano 1938.
Lembrade que estas leis foron o preludio da persecución de que foi obxecto o pobo xudeo en Alemania e que remataría coa terrible experiencia dos campos de concentración e exterminio.
Falando do pobo xudeo estivemos falado dalgúns xudeos famosos e rematamos pormenorizando un pouco a figura de Albert Einstein e dos seus logros, en concreto da Teoría da relatividade. Que era E=mc2
Etiquetas: antisemitismo, Einstein, nazismo, xudaismo
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio
0 comentarios:
Publicar un comentario