Crack do 29

Hoxe expliqueivos máis ou menos como funciona unha sociedade con accións e polo tanto a bolsa.
Repasemos:
Unha persona ou empresa pode vender parte da súa empresa en forma de acción, ou sexa papeis qye representan legalmente unha parte proporcional do valor da empresa.
Esas accións se poñen á venda a un determinado prezo, e este vai variando có paso do tempo en función do ben que lle vaian as cousas á empresa: se a empresa da beneficios moita xente querrá mercar esas accións e polo tanto (lei da oferta e da demanda) o valor ou prezo das accións subirá. Pola contra se a empresa vai mal o que sucede é que a xente querrá vender as accións e por suposto ninguén querrá mercalas có que o prezo das accións se desploma. Todo este intercambio de accións se produce na Bolsa.
O que pasou en 1929 é que este proceso se xeneralizou debido a unha serie de factores:
a) Ata 1929 o valor das accións non deixou de subir xa que se pensaba que o valor das empresas tamén aumentaba, pero esas empresas dende 1925 xa non vendían todo o que fabricaban o que quere dicir que xa non daban os beneficios que a xente cría. ¿Como sobrevivían as empresas? Camuflaban as perdas a base de créditos bancarios, pensando que só for un mal ano e que ó ano seguinte venderían máis.
b) En 1929 o valor das empresas era en realidade menor do que a xente pensaba e sen embargo o valor desas accións en bolsa non deixaba de subir. Había polo tanto un enorme desfase entre o que valían as empresas e o que valían as súas accións.
c) O que sucedeu a continuación foi que cando alguén empezou a vender e se correu a voz de que as empresas non valían o que a xente cría, todo o mundo empezou a vender e como ninguén mercaba o valor das acción empezou a desplomarse. Todos aqueles que tiñan o seu capital invertido en Bolsa o perderon todo en poucas horas ou días. Esta situación se prolongou varios meses arrastrando en cadea ás empresas, ós bancos e ó resto das actividades económicas: agricultura, comercio,... e se extendeu rapidamente polo resto do mundo.

Entradas más recientes Inicio