Lembrade que falabamos que no século XIX as poptencias europeas (máis EEUU e Xapón un pouco máis tarde) practicamente se repartiran o mundo, fundamentalmente Asia, África e o Pacífico ( xa que América xa fora colonizada no século XVI e xa conseguira a independencia.
Pois ben no século XX esos paises colonizados de África e Asia se viron involucradas "de rebote" nas dúas guerras mundiais de dúas maneiras:
a) Por un lado combatindo os seus habitantes como soldados dos exércitos das potencias colonizadoras. Desta maneira por exemplo combatiron tanto na 1ª GM como na 2ª austtralianos, indios, birmanos, africanos,...
b) Sendo os seus países escenario de batallas de ambas guerras, sobre todo o Norde de África e o Surleste asiático.
No SE asiático as colonias francesas e inglesas tiveron que loitar practicamente soas contra a invasión xaponesa (Francia e Gran Bretaña xa tiñan bastante con loitar en Europa...). Desta maneira cando rematou a guerra estas colonias empezaron a pedir a súa independencia. Sen embargo as potencias coloniais quería seguir mantendo a mesma situación anterior á guerra a pesar dos enormes cambios producidos: os paises colonizados perdéranlle o respeto á suposto superioridade militar de Gran Bretaña e Francia, os seus homes aprenderan a loitar nesas guerras e ademáis contaban con líderes que en moitos casos estaban moi preparadaos para dirixir esos países (estudaran en universidades europeas).
Este vai ser o comezo do periodo chamado descolonización (que por cuestión de tempo apenasa falamos no curso).
A Guerra Fría ou sexa a división do mundo en dous bloques axudou ademáis a esta situación xa que por un lado nin soviéticos nin estadounidenses tiñan colonias e polo tanto en principio favoreceron á loita pola independencia e por outro lado un novo pais independente podía ser un novo membro do seu bloque (capitalista ou comunista), de tal xeito que se non chamaban á porta dos capitalistas para obter axuda para conseguir a independencia podían chamar á porta dos comunistas que probablemente lla ofreceran ou viceversa.
En Vietnam pasou algo parecido. A guerra estalou porque os vietnamitas (indochinos) despois de ter loitado pola súa liberdade diante dos xaponeses estaban dispostos a face-lo mesmo diante dos franceses. O problema era que o lider dos vietnamitas era Ho-Chi-Minh era comunista polo que cando os franceses foron derrotados o seu lugar foi ocupado polos estadounidenses que non querían que en Vietnam se establecese un vietnam comunista. Así Vietnam se dividiu en dous, o vietnam do Norde, comunista e dirixido por Ho-Chi-Minh (os chamados Vietminh) , e o Vietnam do Sur, aparentemente capitalista, aínda que no fodo unha dictadura protexida polos EEUU na que enseguida se formou un grupo guerrilleiro procomunista que foi o chamado Vietcong.
Se queredes saber máis do que foi esta guerra ollade o artigo na wikipedia.
Se queredes un resume o que pasou foi que por un lado os estadounidenses non contaban con:
a) a dificultade dunha guerra nunha zona selvática en vez dun frente aberto onde a súa evidente superioridade militar fose definitiva,
b) coa oposición da maioría da poboación vietnamita co que a guerra se converteu nunha guerra tamén contra a poboación civil,
c) coa oposición crecente da propia opinión pública norteamericana cansada das perdas humanas pero tamén da crueldade á que era sometida a poboación civil vietnamita aireada pola prensa (foi a última guerra na que os periodistas poideron enviar libremente os seus artigos periodísticos).
A guerra durou ata o ano 1975 e nela morreron uns cinco millóns de vietnamitas despois de que os norteamericanos lanzasen máis bombas que en toda a 2ª GM ademáis de potentes armas químicas que deixaron secuelas en máis de tres millóns de vietnamitas.

Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio