O xenocidio xudeo

Os alemán no seu delirio racial crían que os xudeos eran os culpables de tod e despois de barallar outras solucións optaron pola chamada "solución final", o exterminio total dos xudeos do mundo...
Esa tarefa se realizou nos chamados campos de concentración e exterminio "Auscwitz", "Dachau", "Treblinka" e tantos outros.
Observade este montaxe sobre o horror nazi

Este é eun pequeno video onde se recolle algo dese horror.

Ou este outro

Chaplin

Hoxe xoves estivemos vendo fragmentos de "O gran dictador" de Charles Chaplin. Ben lembrade a historia por un lado un barbeiro xudeo amnésico que se desperta no ano 1938 en plena dictadura de "Hinkel" cando ser xudeo en Tomeinia (Alemaña) é delito. Por outro o siniestro e implacable Hinkel que aspira a convertirse en dono dun mundo feito á súa medida. E Chaplin realizando ambos papeis sen cambiar de físico, só cambiando os uniformes.
Hai unha escena fundamental desta película que é unha verdadeira metáfora do que vai ser a época de Hitler e as súas consecuencias, a 2ª Guerra Mundial cós seus case que 65 millóns de mortos.

Esta é:


A esena final tampouco ten desperdicio é aquela na que ó barbeiro confúndeno con Hinkel e se ve obrigado a facer un discurso, no que primeiro timidamente e logo cada vez máis coa enerxía típica de Hinkel vai a elaborar un discurso absolutamente fascinante sobre a democracia, a humanidade e a esperanza que por desgracia non se correspondeu có que pasou a continuación. Lembrade nin máis nin menos que 65 millóns de mortos.
Este é o discurso

Lembrade que estya película está feita nun momento no que nos EEUU a xente non ten tan clara a maladade de Hitler e polo tanto a película de Chaplin foi moi mal vista en amplos sectores norteamericanos. Pouco despois tiveron que arrepentirse de non ter escoitado a Chaplin.

Para saber algo máis de Chaplin podedes ver dous fragmentos de outras dúas películas deste gran actor/director. En primeiro lugara icrible escena do traballo en cadea da película "Tempos modernos"


E agora unha das últimas escenas da súa carreira, o número final de "Candilexas" na que có gran actor cómico Buster Keaton, realiza outro dos grandes momentos da historia do cine. Lembrade que nesta película Chaplin tiña só 63 anos, un rapaz.


Por certo se non sabedes qeun foi Buster Keaton tedes aquí un fragmento da súa película "O heroe do río" para que disfrutedes un ppouco con este gran cómico.

Nazismo

Nestos dous día estivemos explicando o ascenso de Hitler ó poder e cales foron as principais
directrices da súa política.
Centrámonos evidentemente como elemento fundamental na súa política respecto ós xudeos que comezou a ser evidente a partir das leis raciais que comezou a por en práctica apartir de 1938.
Empezamos como é lóxico repasando quenes son os xudeos.
O pobo xudeo ou israelí é o pobo que habitaba Palestina ou Israel (imaxe da dereita) cando Xesús veu ó mundo (ano 0), territorio que estaba, como sabemos , ocupado polos romanos. Xesús era evidentemente xudeo, como toda a súa familia e como o eran os apóstoles. De feito todos os personaxes do Antigo e Novo testamento son xudeos, salvo os conquistadores como os romanos ou exipcios que aparecen citados nas escrituras.
Basicamente o que nos diferencia dos xudeos (en común temos todo o Antigo Testamento) é que eles non cren que Xesús fose o fillo de Deus, o Mesías.
Os romanos expulsaron ós xudeos de Palestina na chamada diáspora, no século II despois de Cristo e estos se diseminaron por todo o Meditarráneo e logo máis lonxe. Alí onde se asentaban vivían nos mesmos barrios agrupados en torno ás Sinagogas (os seus templos) onde podían manter e practicar a súa relixón, costumes, lingua,...
Os cristianos ó longo da Idade Media e da Moderna, convertían esporadicamente a estes xudeos no blanco das súas iras ante forma de vida: crise económica, malas colleitas, epidemias,... Son os chamados progroms (á dereita tedes unha imaxe da queima de xudeos) que en España deixaron de producirse (a diferencia do resto de Europa) a partir do ano 1500. Por que? Porque os Reis Católicos os expulsaron dos seus reinos nesa época, como fixeron máis tarde cós musulmáns. Lembrade que vos expliquei quenes eran os sefarditas...
Hitler reactivou ese ancestral odio ós xudeos, botándolles a culpa de todos os males de Alemania: perda da 1ª GM, Tratado de Versalles, crise económica,... Esto se pode apreciar nas leis raciais que estabamos a ler en clase e que se comezaron a por en práctica a partir do ano 1938.
Lembrade que estas leis foron o preludio da persecución de que foi obxecto o pobo xudeo en Alemania e que remataría coa terrible experiencia dos campos de concentración e exterminio.
Falando do pobo xudeo estivemos falado dalgúns xudeos famosos e rematamos pormenorizando un pouco a figura de Albert Einstein e dos seus logros, en concreto da Teoría da relatividade. Que era E=mc2 ?



Lembrade que neste trimestre temos que ler o libro de John Boyne " O neno do pixama a raias".
Imos probar unha nova forma de avaliar a vosa lectura. O que teredes que facer é publicar un comentario a esta entrada neste blog antes do día 1 de Xuño. Por suposto no voso comentario teredes que identificarvos e ademáis aportar datos de interés sobre este libro. Propóñovos que me respondades de xeito personal ás seguintes cuestións:
¿Quen é o personaxe que visita ó principio da novela á familia do protagonista e que a este lle cae moi mal e lle chama o furia?
¿Que ve dende a súa fiestra o rapaz no novo traballo do seu pai?
¿Divírtese neste novo lugar? Explícao
¿A quen coñeze e de quen se fai amigo?
¿Que lle suced ó seu amigo?
¿Que lle pasa ó pai ó final da historia?

Nestas dúas semás practicamente non tivemos clases normais (excursión a Barcelons, teatro para os de francés, ponte de maio,...)
Cos que estivemos en clase traballamos na biblioteca buscando documentos (libros,...) que tratasen algúns dos temas estudiados durante o curso. Tamén aprendimos a catalogar e rexistrar libros na biblioteca.
O luns último tamén avanzamos un pouco na materia. Fixémolo cun documental sobre o ascenso de Hitler ó poder. Nel veíamos como Hitler dende a demagoxía foi conseguindo cada vez máis apoios dentro da sociedade alemana, ata que nas eleccións de 1933 chegou a ser a forza maioritaria no parlamento, no Reichstag. Nese momento foi cando o presidente Hindemburg ofreceulle a Hitler formar goberno.
Dende que Hitler comezou a gobernar adoptou medidas que remataron na creación dun sistema fascista como o italiano.
Por exemplo a prohibición do partido comunista e logo dos outros para que só o partido nazi tivera voz en Alemaña. Esto foi seguido da detención dos membros deste partido enviados ós caqmpos de concentración.
Tamén vimos no video como se desfixo logo, na "noite dos coitelos longos", da oposición que podía ter no seu propio partido, asasinando e detendo ós dirixentes das SA (garda de asalto do partido nazi), por temor á forza que foran gañando.
Os xudeos serán dende este momento os "chivos expiatorios" de todos os males de Alemaña. Estas medidas antisemitas foron progresivas e remataron como veremos no horror dos campos de concentración e exterminio.
Na política internacional Hitler rachou co tratado de Versalles e as súas consecuencias e comezou a reclamar a recuperación ou anexión de determinados territorios viciños: Sudetes checos, Austria, pasillo de Dantzig,... As potencias occidentais irán cedendo ata que o 1 de Setembro de 1939 Hitler ataque por sorpresa a Polonia, provocando o comezo da 2ª Guerra Mundial.
Non esquezades que a nivel interno a crise económica do 29 rematará antes en Alemaña que noutros países debido a inmensa inversión que fixo Hitler do diñeiro público en novasa estradas e na fabricación de armas. A inversión solucionaba o problema do paro pero non era demasiado rentable, a non ser que... ¡houbese unha guerra!

Calendario

Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio