Chaplin

Hoxe xoves estivemos vendo fragmentos de "O gran dictador" de Charles Chaplin. Ben lembrade a historia por un lado un barbeiro xudeo amnésico que se desperta no ano 1938 en plena dictadura de "Hinkel" cando ser xudeo en Tomeinia (Alemaña) é delito. Por outro o siniestro e implacable Hinkel que aspira a convertirse en dono dun mundo feito á súa medida. E Chaplin realizando ambos papeis sen cambiar de físico, só cambiando os uniformes.
Hai unha escena fundamental desta película que é unha verdadeira metáfora do que vai ser a época de Hitler e as súas consecuencias, a 2ª Guerra Mundial cós seus case que 65 millóns de mortos.

Esta é:


A esena final tampouco ten desperdicio é aquela na que ó barbeiro confúndeno con Hinkel e se ve obrigado a facer un discurso, no que primeiro timidamente e logo cada vez máis coa enerxía típica de Hinkel vai a elaborar un discurso absolutamente fascinante sobre a democracia, a humanidade e a esperanza que por desgracia non se correspondeu có que pasou a continuación. Lembrade nin máis nin menos que 65 millóns de mortos.
Este é o discurso

Lembrade que estya película está feita nun momento no que nos EEUU a xente non ten tan clara a maladade de Hitler e polo tanto a película de Chaplin foi moi mal vista en amplos sectores norteamericanos. Pouco despois tiveron que arrepentirse de non ter escoitado a Chaplin.

Para saber algo máis de Chaplin podedes ver dous fragmentos de outras dúas películas deste gran actor/director. En primeiro lugara icrible escena do traballo en cadea da película "Tempos modernos"


E agora unha das últimas escenas da súa carreira, o número final de "Candilexas" na que có gran actor cómico Buster Keaton, realiza outro dos grandes momentos da historia do cine. Lembrade que nesta película Chaplin tiña só 63 anos, un rapaz.


Por certo se non sabedes qeun foi Buster Keaton tedes aquí un fragmento da súa película "O heroe do río" para que disfrutedes un ppouco con este gran cómico.

0 comentarios:

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio