Para que entendades un pouco mellor proceso da 2ª Guerra Mundial, botádelle unha ollade ós seguintes mapas e imaxes.
En primeiro lugar, tedesque recordar que a guerra comezou o 1 de Setembro de 1939 cando Hitler (Alemaña) invadiu Polonia. Os ingleses e franceses decláranlle a guerra a Alemaña como resposta. Eso era o que estaba esperando Hitler para lanzarse á conquista de Europa contando coa alianza de Italia (Mussolini) e coa neutralidade da URSS (Pacto entre Hitler e Stalin).
Os primeiros anos como podedes ver no seguinte mapa son dun imparable avance alemán:

Como podedes ver Hitler despois de Polonia lánzase á conquista dos paises viciños do Norde e do Oeste, Dinamarca, Noruega, Paises Baixos, Bélxica e por último Francia que sorprendida cae en poucos meses. No ano 1941 o obxectivo é o Sur de Europa e xunto coas tropas italianas, conquista os Balcáns (Iugoeslvia e Grecia) e no verán se lanza contra a URSS. Tamén intentará coas súas tropas conquistar o Norde de África ó mesmo tempo que dende o aire lanza unha demoladora campaña contra Gran Bretaña co obxectivo ou de lograr a súa rendición ou de debilitala o suficiente para poder realizar a invasión das illas.
A finais do ano 1941 Xapón (aliado de Hitler e Mussolini) ataca por sorpresa ós EEUU (Pearl Harbour), lanzándose a continuación á conquista de todo o SE asiático e de todos os arquipélagos do Pacífico. En azul podedes ver as frechas que indican os ataques xaponeses nesa zona e en vermello a resposta dos EEUU. A guerra nesta zona foi eminentemente unha guerra naval e de conquista mediante desembarco das gran cantidade de illas que enchen o Pacífico.

¡Recomendable!

Se queredes ver dun xeito interactivo a evolución da guerra no pacífico clickade aquí.

E se queredes facer o mesmo coa guerra en Europa clickade aquí.


A Guerra nesta zona decantouse pronto do lado americano e máis cando no ano 1945, este país lanzou dúas bombas atómicas sobre as cidades de Hiroshima e Nagasaki. Esto provocou a rendición incondicional de Xapón que quedou baixo control militar estadounidense ata a década de 1960.

Mentras tanto en Europa e África os iniciais avances do Eixo (Alemaña e Italia) son contarrestados polas victorias aliadas:primeiro no Norde de África; a continuación coa conquista de Italia, e finalmente có desembarco en Normandia, momento no que Francia e liberada.

No leste durante todo este perídodo e cunha enomr cantidade de mortos e de destrucción a URSS tamén logra derrotar ós alemáns na loita pola cidade de Stalingrado, o que provoca a fuxida (retirada) das tropas alemanas de territorio ruso.

Por fin no ano 1944 as tropas aliadas conquistan Alemaña, suicidándose Hitler e algúns dos seus colaboradores antes de ser feitos prisioneiros.

Europa quedou dividida en dúas zonas de influencia según que exércitos venceron ó alemáns no mapa europeo. Así, os rusos ocuparon toda a zona Oriental de Europa que quedou baixoo seu contro político e militar, o que fixo que todos esos países se tiveran que convertrir en países comunistas. Pola contra as zonas liberadas polos británicos, estadounidenses e franceses convertíronse en democracias, a imaxen e semellanza desos tres países.

Alemaña pola súa banda perdou a súa soberanía que foi repartida entre os catro paíes vencedores, e o mesmo pasou coa súa capital, Berlín, que aínda que ocupada polos rusos foi repartida entre os vencedores.Comezara polo tanto unha nova fase de tensión en Europa entre os países comunista e as democracias liberais, que será coñecida como "Guerra Fría"


Se para completar a vosa visión da 2ª Guerra Mundial queredes ver unhas cantas e boas imaxes sobre ela, entrade aquí.

(Moita da información desta entrada está extraída do blog do profesor Francisco: http://www.profesorfrancisco.es )

Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio