O réxime do apartheid en Sudáfrica consistiu na separación física forzada entre a poboación branca e a negra da República Sudafricana para preservar a forma de vida da minoria europea en contra da maioría negra.
Sudfáfrica foi pisada por primeira vez polo portugués Vasco da Gama no 1493 e posteriormente converteuse nun lugar de paso para todos aqueles europeos que ían camiño de Asia. Posteriormente se asentou neste territorio unha importante colonia holandesa, os boer, aínda que ó final o territorio quedou baixo control británico. Estos ingleses libraron a finais do século XIX guerras contra a minoría holandesa (guerras boer) e contra a maoría negra (Guerras zulús).
Cando Gran Bretaña accede a concederlle a este territorio a semi-independencia a principios do século XX imponse a doutrina boer ou afrikaner (holandeses) de segregar racialmente ós negros, pero tamén as outras minorías étnicas como por exemplo a importante poboación india que emigrara a Sudáfrica para a aconstrucción do Ferrocarril. Xa vimos como os primeiros pasos de Gandhi contra o colonialismo británico foi precisamnete durante a súa estancia en Sudáfrica como avogado.
Cando os paises viciños se foron independizando, e ante o temor de que os negros conseguisen o poder, o rexime de segregación se foi ampliando e radicalizando, xurdindo o terrible réxime do apartheid.
A poboación negra comezou a organizarse para reclamar os seus dereitos entorno ó CNA (Congreso Nacioanl Africano) que en seguida se converteu no obxectivo da pol¡icia. Moitos dos seus dirixentes acabaron na cadea como Nelson Mandela e outros foron executados como Stephen Biko. Sobre este últio activista trata a película "Grita Liberdade". Neste video podemos escoitar a fermosa canción de Peter Gabriel "Biko" con esceas de fondo de dita película.
Pola súa banda Mandela foi encarcerado e pasou na cade 27 anos, saíndo directamente desta para convertirse en Presidente do país cando o apartheid desapareceu, en parte, preiosandos os sudafricanos pola condena mundial e polo boicot que sufriu este páis.
Hai agora nos cines unha película sobre a reconciliación entre as dúas poboaci´ns sudafricanas a través do rugby, "Invictus" de Clint Eastwood. Ollade o seu trailer.
Etiquetas: apartheid, descolonización, racismo, sudáfrica
Como xa dixemos noutra entrada do blog, a guerra de Vietnam foi unha guerra totalmente desproporcionada e desigual entre un pequeno e pobre país asiático e a maior potencia mundial, os EEUU.
Desta guerra conservamos algunhas das máis horrible imaxes do século XX, como a desta rapaza fuxindo des pois do bombardeo da súa aldea coas temibles bombas de napalm ou fósforo, que facía arder todo co que entraba en contacto..
E ollade o estremecedor video no que se observa como se tomou esta imaxe.
Tamén para facermos unha idea do que foi a guerra de Vietnam ollade esta escea da película "Apocalypse now" na que asisitimos ó bombardeo dunha aldea vietnamita por unha división de helicópteros estadounidense, e todo coa música da ópera de Richard Wagner "A cabalgata das Walkyrias" ...
A seguinte é unha escea de como as gastaban os homes ós que estaban axudando os estadounidense, e a imaxe da execución en directo dun membro do vietcong.
Etiquetas: descolonización, Vietnam