O noso calendario

Primeiramente imos ver como sería unha escena de guerra como era tradicional ata o século XIX. Unha batalla "nobre", é dicir dous exércitos que combaten nunn terreo despexado e fronte a fronte. O avance é pausado pero moi organizado baixo as descargas de fusilería dos inimigos ata que se achegan o suficiente para que comece o corpo a corpo, ou sexa a pelexa con balloneta. Temos unn exemplo desto nunha escea da guerra dos sete anos como aparece filmada na película "Barry Lyndon" do gran director británico Stanley Kubrick.

Pero na Gran Guerra todo isto vai cambiar: frente a loita nun espazo aberto van a xurdir ó longo de toda a fronte unha serie de zanxas sucesivas, as trincheiras, que defenderán as posicións propias e que terán en fronte outra serie de trincheiras do bando inimigo. Os avances non se producen ou son imperceptibles. O que un exercito conquista un día , a costa de moitas mortes o perderá na semá vindeira tamén cunha gran perda de soldados.

Na seguinte escena, tamén dunha película do mesmo director que da anterior, Stanley Kubrick, veremos a preparación dun ataque durante a guerra das trincheiras e como este se vai producir.
A preparación é sempre a mesma: intenso ataque da artillería propia intentando debilitar as defensas inimigas para facilitar o ataque da infantería propia. A continuación os soldados saen das trincheiras e avanzarán na chamada terra de naide ata as trincheiras inimigas, se é que chegan ata alí... Esta terra de naide está chea de restos das batallas anteriores : profundos crtáteres provocados polos bombardeos, restos de material perdido nesas batallas, e ... probablemente abondosos restos humanos de todos os que morreron anteriormente e cuios corpos non poideron ser recuperados.
Nesta escena pertencente á película "Sendeiros de Gloria" podemos observar nos dous primeiros minutos ós soldados franceses preparados para sair da trincheira nun ataque especialmente dificil. Moitos deles morrerán e o saben. Teñen medo. O oficial que os manda, pasa revista. Observade que este desfile do oficial faise mediante un rápido travelling, ou sexa que a cámara que roda a escena se move nuns raís como os do tren, simulando nalgúns momentos o que é o andar do oficial (cámara subxectiva).
Ós dous minutos comeza o ataque. Os soldados saen e recibin durante todo o seu avance os disparos dende as posicións inimigas, caendo por suposto moitos deles. Terán que sortear os socavóns, o fango, os arames de espiños,... ata poder chegar xunto os soldados alemáns. Se teñen éxito no ataque (que non é o caso da película) descansarán durante uns días ata que os alemáns intenten recuperara a posición perdida, e ademáis poderán recoller a todos os feridos que foron caendo durante o ataque. Se a batalla non ten éxito todos esos ferido que non poidan regresar polos seus propios pes sufrirán unha lenta e terrible agonía nesa terra de naide.



Imperialismo

Unha boa páxina sobre o imperialismo e un mapa

Algúns fragmentos da película "Gandhi" para exemplificar o que é a non violencia e a independencia da India.
Primeiro veremos como a gastaban os británicos contra ios Indios que pelexaban pola Independencia da India: A matanza de Amrit Sar


Aínda que en alemán, temos a famosa etapa cara o mar para buscar sal


E a consecuencia ir á mina de sal para contrariar ós británicos.


Por último unha folga de fame

Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio