Nestas dúas semás practicamente non tivemos clases normais (excursión a Barcelons, teatro para os de francés, ponte de maio,...)
Cos que estivemos en clase traballamos na biblioteca buscando documentos (libros,...) que tratasen algúns dos temas estudiados durante o curso. Tamén aprendimos a catalogar e rexistrar libros na biblioteca.
O luns último tamén avanzamos un pouco na materia. Fixémolo cun documental sobre o ascenso de Hitler ó poder. Nel veíamos como Hitler dende a demagoxía foi conseguindo cada vez máis apoios dentro da sociedade alemana, ata que nas eleccións de 1933 chegou a ser a forza maioritaria no parlamento, no Reichstag. Nese momento foi cando o presidente Hindemburg ofreceulle a Hitler formar goberno.
Dende que Hitler comezou a gobernar adoptou medidas que remataron na creación dun sistema fascista como o italiano.
Por exemplo a prohibición do partido comunista e logo dos outros para que só o partido nazi tivera voz en Alemaña. Esto foi seguido da detención dos membros deste partido enviados ós caqmpos de concentración.
Tamén vimos no video como se desfixo logo, na "noite dos coitelos longos", da oposición que podía ter no seu propio partido, asasinando e detendo ós dirixentes das SA (garda de asalto do partido nazi), por temor á forza que foran gañando.
Os xudeos serán dende este momento os "chivos expiatorios" de todos os males de Alemaña. Estas medidas antisemitas foron progresivas e remataron como veremos no horror dos campos de concentración e exterminio.
Na política internacional Hitler rachou co tratado de Versalles e as súas consecuencias e comezou a reclamar a recuperación ou anexión de determinados territorios viciños: Sudetes checos, Austria, pasillo de Dantzig,... As potencias occidentais irán cedendo ata que o 1 de Setembro de 1939 Hitler ataque por sorpresa a Polonia, provocando o comezo da 2ª Guerra Mundial.
Non esquezades que a nivel interno a crise económica do 29 rematará antes en Alemaña que noutros países debido a inmensa inversión que fixo Hitler do diñeiro público en novasa estradas e na fabricación de armas. A inversión solucionaba o problema do paro pero non era demasiado rentable, a non ser que... ¡houbese unha guerra!
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio
0 comentarios:
Publicar un comentario