En primeiro lugar, tedesque recordar que a guerra comezou o 1 de Setembro de 1939 cando Hitler (Alemaña) invadiu Polonia. Os ingleses e franceses decláranlle a guerra a Alemaña como resposta. Eso era o que estaba esperando Hitler para lanzarse á conquista de Europa contando coa alianza de Italia (Mussolini) e coa neutralidade da URSS (Pacto entre Hitler e Stalin).
Os primeiros anos como podedes ver no seguinte mapa son dun imparable avance alemán:
Como podedes ver Hitler despois de Polonia lánzase á conquista dos paises viciños do Norde e do Oeste, Dinamarca, Noruega, Paises Baixos, Bélxica e por último Francia que sorprendida cae en poucos meses. No ano 1941 o obxectivo é o Sur de Europa e xunto coas tropas italianas, conquista os Balcáns (Iugoeslvia e Grecia) e no verán se lanza contra a URSS. Tamén intentará coas súas tropas conquistar o Norde de África ó mesmo tempo que dende o aire lanza unha demoladora campaña contra Gran Bretaña co obxectivo ou de lograr a súa rendición ou de debilitala o suficiente para poder realizar a invasión das illas.
A finais do ano 1941 Xapón (aliado de Hitler e Mussolini) ataca por sorpresa ós EEUU (Pearl Harbour), lanzándose a continuación á conquista de todo o SE asiático e de todos os arquipélagos do Pacífico. En azul podedes ver as frechas que indican os ataques xaponeses nesa zona e en vermello a resposta dos EEUU. A guerra nesta zona foi eminentemente unha guerra naval e de conquista mediante desembarco das gran cantidade de illas que enchen o Pacífico.¡Recomendable!
Se queredes ver dun xeito interactivo a evolución da guerra no pacífico clickade aquí.
E se queredes facer o mesmo coa guerra en Europa clickade aquí.
A Guerra nesta zona decantouse pronto do lado americano e máis cando no ano 1945, este país lanzou dúas bombas atómicas sobre as cidades de Hiroshima e Nagasaki. Esto provocou a rendición incondicional de Xapón que quedou baixo control militar estadounidense ata a década de 1960.
Mentras tanto en Europa e África os iniciais avances do Eixo (Alemaña e Italia) son contarrestados polas victorias aliadas:primeiro no Norde de África; a continuación coa conquista de Italia, e finalmente có desembarco en Normandia, momento no que Francia e liberada.No leste durante todo este perídodo e cunha enomr cantidade de mortos e de destrucción a URSS tamén logra derrotar ós alemáns na loita pola cidade de Stalingrado, o que provoca a fuxida (retirada) das tropas alemanas de territorio ruso.
Por fin no ano 1944 as tropas aliadas conquistan Alemaña, suicidándose Hitler e algúns dos seus colaboradores antes de ser feitos prisioneiros.
Europa quedou dividida en dúas zonas de influencia según que exércitos venceron ó alemáns no mapa europeo. Así, os rusos ocuparon toda a zona Oriental de Europa que quedou baixoo seu contro político e militar, o que fixo que todos esos países se tiveran que convertrir en países comunistas. Pola contra as zonas liberadas polos británicos, estadounidenses e franceses convertíronse en democracias, a imaxen e semellanza desos tres países.Alemaña pola súa banda perdou a súa soberanía que foi repartida entre os catro paíes vencedores, e o mesmo pasou coa súa capital, Berlín, que aínda que ocupada polos rusos foi repartida entre os vencedores.Comezara polo tanto unha nova fase de tensión en Europa entre os países comunista e as democracias liberais, que será coñecida como "Guerra Fría"
Se para completar a vosa visión da 2ª Guerra Mundial queredes ver unhas cantas e boas imaxes sobre ela, entrade aquí.
(Moita da información desta entrada está extraída do blog do profesor Francisco: http://www.profesorfrancisco.es )
Etiquetas: 2ª Guerra Mundial, Alemaña, Hitler, URSS
Comezamos o tema 6 falando das grandes transformacións sociais e económicas do século XIX. Para falar deste tema fixen unha pequena escolma de páxinas web para que poidades ampliar ou comprender mellor o que imos explicar na clase. Algunhas desta páxinas teñen sinxelas actividades de autoavaliación para que vaiades probando os vosos coñecementos.
A Editorial SM na súa colección de libros vivos presentanos unha visión moi clara do que foi a Revolución Industrial.
O Grupo Kairos tamén nos ofrece unha visión moi clara do que foi este tema...
Unha páxina moi completa e con moita información vai ser esta.
Outra páxina con moito material complementario está aquí.
Por último Planeta Sedma nos ofrece tamén abundante información sobre o tema.
Tamén podedes ver este video no que se explica brevemente as características da Revolución Industrial.
Tedes tamén dous videos para que vexades como se pode aplicar á máquina de vapor ó transporte ou ó traballo de triturar rochas:
Etiquetas: capitalismo, máquina de vapor, Revolución industrial
Aquí tedes un profesor virtual que vos pode axudar a entender algunhas das cousas que vos contei da Independencia dos EEUU e de seguro que dalgúns outros temascomo a Europa de Napoleón ou a independencia da América Latina...
Do mesmo autor tedes tamén un bo número de esquemas que vos poden axudar a entender o proceso histórico que estamos a estudar.
http://profesorfrancisco.es.tl/
Etiquetas: EEUU, Independencia, Napoleón, recursos
Etiquetas: arte, renacemento
Tarde pero ...
A partir de agora poderedes atopar aquí máis información sobre o que imos vendo no curso. Non borro a información do curso pasado porque xa veredes como chegado o momento poden servir de información...
Irei colgando aquí algunhas das presentacións de diapositivas ou outro material que vaia considerando útil.
Tamén responderei ás dúbidas que me vaiades plantexando sobre o que explico en clase ou sobre o que consideredes oportuno comentar algo: tipo de exames, libro de lectura dúbidas sobre unha película,...
Etiquetas: presentación
Lembrade que falabamos que no século XIX as poptencias europeas (máis EEUU e Xapón un pouco máis tarde) practicamente se repartiran o mundo, fundamentalmente Asia, África e o Pacífico ( xa que América xa fora colonizada no século XVI e xa conseguira a independencia.
Pois ben no século XX esos paises colonizados de África e Asia se viron involucradas "de rebote" nas dúas guerras mundiais de dúas maneiras:
a) Por un lado combatindo os seus habitantes como soldados dos exércitos das potencias colonizadoras. Desta maneira por exemplo combatiron tanto na 1ª GM como na 2ª austtralianos, indios, birmanos, africanos,...
b) Sendo os seus países escenario de batallas de ambas guerras, sobre todo o Norde de África e o Surleste asiático.
No SE asiático as colonias francesas e inglesas tiveron que loitar practicamente soas contra a invasión xaponesa (Francia e Gran Bretaña xa tiñan bastante con loitar en Europa...). Desta maneira cando rematou a guerra estas colonias empezaron a pedir a súa independencia. Sen embargo as potencias coloniais quería seguir mantendo a mesma situación anterior á guerra a pesar dos enormes cambios producidos: os paises colonizados perdéranlle o respeto á suposto superioridade militar de Gran Bretaña e Francia, os seus homes aprenderan a loitar nesas guerras e ademáis contaban con líderes que en moitos casos estaban moi preparadaos para dirixir esos países (estudaran en universidades europeas).
Este vai ser o comezo do periodo chamado descolonización (que por cuestión de tempo apenasa falamos no curso).
A Guerra Fría ou sexa a división do mundo en dous bloques axudou ademáis a esta situación xa que por un lado nin soviéticos nin estadounidenses tiñan colonias e polo tanto en principio favoreceron á loita pola independencia e por outro lado un novo pais independente podía ser un novo membro do seu bloque (capitalista ou comunista), de tal xeito que se non chamaban á porta dos capitalistas para obter axuda para conseguir a independencia podían chamar á porta dos comunistas que probablemente lla ofreceran ou viceversa.
En Vietnam pasou algo parecido. A guerra estalou porque os vietnamitas (indochinos) despois de ter loitado pola súa liberdade diante dos xaponeses estaban dispostos a face-lo mesmo diante dos franceses. O problema era que o lider dos vietnamitas era Ho-Chi-Minh era comunista polo que cando os franceses foron derrotados o seu lugar foi ocupado polos estadounidenses que non querían que en Vietnam se establecese un vietnam comunista. Así Vietnam se dividiu en dous, o vietnam do Norde, comunista e dirixido por Ho-Chi-Minh (os chamados Vietminh) , e o Vietnam do Sur, aparentemente capitalista, aínda que no fodo unha dictadura protexida polos EEUU na que enseguida se formou un grupo guerrilleiro procomunista que foi o chamado Vietcong.
Se queredes saber máis do que foi esta guerra ollade o artigo na wikipedia.
Se queredes un resume o que pasou foi que por un lado os estadounidenses non contaban con:
a) a dificultade dunha guerra nunha zona selvática en vez dun frente aberto onde a súa evidente superioridade militar fose definitiva,
b) coa oposición da maioría da poboación vietnamita co que a guerra se converteu nunha guerra tamén contra a poboación civil,
c) coa oposición crecente da propia opinión pública norteamericana cansada das perdas humanas pero tamén da crueldade á que era sometida a poboación civil vietnamita aireada pola prensa (foi a última guerra na que os periodistas poideron enviar libremente os seus artigos periodísticos).
A guerra durou ata o ano 1975 e nela morreron uns cinco millóns de vietnamitas despois de que os norteamericanos lanzasen máis bombas que en toda a 2ª GM ademáis de potentes armas químicas que deixaron secuelas en máis de tres millóns de vietnamitas.
Etiquetas: Guerra fría, Vietnam
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio